FAQ (gl)

- É a miña primeira party, ¿en que consiste todo isto?
Unha lanparty (ou simplemente party) é un evento onde os participantes asisten cos seus ordenadores. Para uns o obxectivo principal é compartir e intercambiar experiencias, información, coñecemento; para outros a oportunidade de xogar en rede cos seus compañeiros ou con novos contrincantes é o principal aliciente.
Pero para todos é, sin duda, unha forma distinta de pasar unha fin de semana cos seus amigos.

- ¿Cales son os requisitos para asistir?
A aceptación e cumprimento das normas do evento, ser maior de 16 anos y realizar correctamente el proceso de inscripción.

- ¿En que consiste o proceso de inscripción?
O proceso para poder obter a tu praza no evento é o seguinte: primeiro e máis importante, debes ler as normas do evento (a asistencia o evento implica a aceptación e cumprimento das mesmas), despois deberas crear un usuario na web, unha vez feito isto accede o formulario de rexistro no evento e cubreo cos teus datos, unha vez enviado o formulario recibiras un correo electrónico notificandoche o teu estado (pendente de donación ou reserva en cola de
espera) e os datos que introduciches. Se estas pendente de donación no mesmo correo recibiras as instruccions para realizala de forma correcta, se a tua reserva esta a cola deberas esperar a que algunha praza se libere, a medida que vaian quedando prazas libres iremos enviando as instruccións para facer as doazóns por estricto orde de reserva.

- O evento dura varios días, ¿onde durmiremos e nos asearemos?
Dado que o evento se celebra nun pabillón polideportivo habilitaremos espacios para que poidades durmir o maís comodamente posible e tamen teredes a vosa disposición os vestiarios e baños para a hixiene persoal.

- ¿Canto custa?
A doazón que deberas realizar para poder asistir o evento e de 20€.

- ¿Cantos días teño para realizar a doazón e que ocorre se non realizo a donacion no prazo indicado?
Teras 3 días laborales. A partir dese momento os que non realizasen a donación perderan a sua reserva en favor de aqueles que esten en lista de espera.

- Xa fixen a donación ¿e agora que?
Unha vez confirmemos a tua donación enviaremosche un correo informandote deste feito, o único que che queda por facer e vir co teu pc e todo o necesario para unha fin de semana diferente.

- ¿Que pasa se paguei pero por algun motivo non contabilizades a miña praza?
Se ves que nun tempo razonable o teu estado non se actualiza non te preocupes, garda o xustificante de pago e envia un correo a tesorero@xiga.net indicando o problema e os teus datos para que podamos comprobalo.

- ¿Que facedes cos cartos das doazóns?
Os cartos das doazóns repercuten integramente na realización do evento en diferentes conceptos, sobre todo nos premios e regalos que se reparten nos concursos e sorteos.

- ¿Que teño que levar?
Para disfrutar do evento deberas traer o teu propio ordenador (para poder disfrutar da rede debera estar provisto dunha tarxeta de rede con conector RJ-45), pero tampouco debes esquecer o monitor, o rato e o resto dos perifericos que uses normalmente. Tamen sera necesaria unha regreta para poder enchufar o ordenador, o monitor e o resto dos perifericos. Esta totalmente prohibido usar altavoces, deberas traer auriculares. Ademais do anterior é boa idea que traias un lugar onde durmir (tenda, esterilla, colchon, saco, ...), o que necesites para asearte (roupa, toalla, chanclas, cepillo de dentes, ...), medicamentos (se padeces algunha enfermidade e crees que a organización deberia sabelo non dudes en notificarnolo) e documentación (sobre todo o DNI e, se es menor de idade, a autorización do teu titor que che seran solicitados o retirar a acreditación).

- ¿Que teño dispoñible para min no evento?
No evento teras un posto (mesa e silla) con sitio suficiente para ti e o teu pc. En cada posto tamen teras habilitado un enchufe e un cable de rede (RJ45). E como o resto dos participantes poderas participar en todos os concursos, charlas e sorteos que fagamos e disfrutar de todos os servicios a tua disposición.

- ¿Vou recibir spam na miña conta de correo?
Non, alomenos por culpa da Asociación XIGa. O correo electronico que nos facilitas so se usara para enviarche notificacions sobre o estado da tua reserva e mensaxes relacionadas co evento.

- ¿Recibirei algun correo informandome do estado da reserva?
Recibiras un correo electrónico no momento de darte de alta no evento indicandoche como debes proceder e recibiras outro en canto comprobemos que realizaches a donación e che confirmemos a praza.

- ¿Cómo chego o lugar do evento?
A culleREDo celebrase no pabillón do Colexio Sofia Casanova (coordenadas 43.31562 N - 8.380449 O). Poderedes chegar facilmente usando un navegador gps ou google maps. Para os máis clasicos está a posibilidade de preguntar polo colexio unha vez chegedes a Vilaboa ou O Burgo. ;)

Rutas (por distancia):
A Coruña - culleREDo
Ferrol - culleREDo
Santiago de Compostela - culleREDo
Lugo - culleREDo
Pontevedra - culleREDo
Vigo - culleREDo
Ourense - culleREDo

- Ainda teño dubidas ¿onde as podo resolver?
Se tes algunha dubida mais podes poñerte en contacto con nos a traves do seguinte correo electrónico e responderemosche a maior brevidade posible.